O xornalista coruñés Nacho Carretero, tras o boom de em <>Fariña, está en plena xira de presentación do seu próximo libro, No corredor da morte, no que narra a historia do español Pablo Ibar, condenado a pena capital en Estados Unidos por un triplo asasinato que el asegura que non cometeu.
Por este motivo, Carretero acudiu este luns a em <>A Resistencia e deixou unha das mellores entrevistas do programa que presenta David Broncano. O xornalista tratou de esquivar a sempre incómoda pregunta que lle fai o cómico a todos os invitados sobre canto diñeiro teñen no banco, aínda que finalmente confesou: "Poida que gañase máis diñeiro con em<> Fariña que algún narco torpón que intentou unha operación e non lle saíu".
Tras o éxito de em <>Fariña, que foi adaptada con éxito en televisión, o produtora Bambú xa se fixo cos dereitos do novo libro de Carretero.→ \
NachoCarretero "Os narcos máis poderosos que hai en Galicia, e en España, non os coñecemos. Pasan por empresarios e son os máis listos." #XORNALISMO < href="https://t.co/Bs0zIAjxX7">pic.twitter.com/Bs0zIAjxX7<> — A Resistencia en Movistar+ (\LaResistencia) 24 de setembro de 2018<>