Netflix sobe os prezos en España

A tarifa do Plan Básico mantense

Netflix
photo_camera Netflix

Netflix elevou os prezos dos seus servizos en España, en concreto, subiu en custo dos plans Estándar e Premium, e mantivo a tarifa do Básico, segundo publica a plataforma de contido audiovisual en 'streaming' na súa páxina web. 

Deste xeito, os novos usuarios que queiran gozar da plataforma de vídeo deberán pagar polo plan Estándar 11,99 euros, un euro máis; e 15,99 euros por acceder aos contidos e prestacións do plan Premium, dous euros máis. O plan Básico mantense, en cambio, en 7,99 euros ao mes. 

Netflix ademais está probando a dispoñibilidade e duración da proba gratuíta para as novas subscripicóns en España, Italia, Canadá e outros países de América Latina como Arxentina, Colombia ou Chile.

A empresa adoitaba ofrecer un mes de proba gratuíto a todos os novos usuarios que se desen de alta na plataforma de vídeo en streaming. Agora, segundo explica a compañía, a algunhas persoas se lles pode ofrecer unha duración diferente.

Comentarios