Unha nova caída de Facebook provoca tamén incidencias en Instagram e WhatsApp

Desde a compañía afirman estar a traballar na solución do problema
Aplicación de Facebook nun iphone. PIXABAY
photo_camera Aplicación de Facebook nun iphone. PIXABAY

Facebook sufriu unha nova caída esta tarde de xoves. Desde a compañía aseguran que están a traballar para liquidar os problemas "tan rápido como sexa posible".

Esta rede social non foi a única afectada, as pertencentes ao mesmo grupo tamén están a lidar con incidencias. é o caso de Instagram e WhatsApp, das que os usuarios xa deron parte de comportamentos anómalos.

A nova caída súmase a unha longa lista que se viu acrecentada no último ano.

Comentarios