O cupón da Once reparte 200.000 euros en Lugo e o Super Once deixa 3.000 euros no Porriño

A zona da Mariña foi a máis beneficiada na provincia lucense

O cupón da Once repartiu 200.000 euros en Lugo, en 10 cupóns premiados con 20.000 euros cada un no sorteo do pasado domingo, 19 de marzo de 2017. O vendedor da Once Jonatan Díaz Remigio é quen repartiu os 200.000 euros na súa ruta de venda que comprende Burela e localidades limítrofes, onde levou a sorte a varios dos seus clientes habituais, segundo informa a organización. O cupón da Once do pasado 19 de marzo, dedicado ás Fallas de Valencia, tamén deixou premios en Andalucía e a Comunidade de Madrid.

Ademais, un premio de 3.000 euros do Súper Once caeu no Porriño, en Pontevedra, que repartiu a vendedora da Once Sonia Álvarez Pascual desde a súa ruta de venda no Polígono das Gándaras, onde vendeu un boleto con premio da categoría 7 de 7, no sorteo do 19 de marzo.

Comentarios