Precaución: parabenos

Aínda que estes activos empréganse en cosmética, un estudo relacionounos co cancro de mama

Belleza

OS PARABENOS son uns compostos químicos empregados como conservante nas industrias alimenticia e cosmética. O seu uso nestes campos é moi habitual, posto que son moi baratos e manteñen baixo control a bacterias e outros microorganismos, preservando os produtos nos que están presentes, xa sexan cremas, xeles, maquillaxe, lubricantes, precocinados, bollería, refrescos...

Existen tamén os parabenos naturais —por exemplo, os presentes nos arándanos— pero aquí ímonos a referir aos químicos, creados de forma artificial. Aínda que están catalogados e regulados polas autoridades sanitarias, que os consideran seguros e de baixa toxicidade —o noso organismo é capaz de absorber, metabolizar e eliminar esta sustancia—, en 2004 un estudo realizado por oncólogos da University of Reading de Edimburgo determinou que no 90% das mostras de tecido de pacientes con cancro de mama que foron analizadas atopáronse trazas de parabenos.

A día de hoxe non hai ningunha investigación concluínte sobre os efectos do uso continuado de parabenos, polo que o seu uso segue sendo estando autorizado.

ALTERNATIVAS. Por sorte, no mercado existen produtos libres de parabenos e outro tipo de activos nocivos como sulfatos, glicoles, siliconas e perfumes sintéticos. Adoitan estar recoñecidos pola etiqueta ‘paraben free' ou ‘sen parabenos'. O seu prezo é algo maior, pero vale a pena.