Operación Triunfo presenta unha canción creada polos concursantes e o galego Andrés Suárez

'Sal de mí', composta na primeira semana do programa, verá a luz o día 8
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Andrés Suárez. ARCHIVO

Os 16 concursantes de Operación Triunfo 2020 presentan Sal de mí, un tema que estará dispoñible en todas as plataformas dixitais o 8 de maio e que os aspirantes crearon xunto ao galego Andrés Suárez na primeira semana de concurso.

Tras case dous meses de confinamento, os concursantes de OT 2020 quixeron culminar unha das súas primeiras experiencias xuntos na academia, a sesión de composición co cantautor Andrés Suárez na que crearon ese tema.

Gestmusic apunta que o equipo de OT contou con Antonio Ferrera, produtor de Camina, Somos, Lo malo ou o propio himno deste OT 2020, Díselo a la vida, para a produción do novo tema, gravado desde as casas de cada un dos concursantes.

Sal de mí é, xa que logo, a primeira canción na que todos comparten autoría e convértese na antesala do retorno á academia dos nove concursantes que permanecen no concurso (Samantha, Nia, Maialen, Flavio, Hugo, Anaju, Eva, Bruno e Gèrard). Segundo RTVE, volverá "moi pronto".

Comentarios