Retiran o polémico 'disfrace sexy' baseado na serie 'El cuento de la criada'

A serie de HBO conta a historia destas mulleres escravizadas que loitan pola súa liberdade e os dereitos das mulleres

Imagen de 'El cuento de la criada'. INTERNET
photo_camera Imaxe de 'O conto da criada'. INTERNET

'El cuento de la criada', o título en castelán de 'The Handmaid's Tale' é unha das series máis exitosas dos últimos anos. Unha tenda online decidiu aproveitar o tirón e sacar á venda un disfrace de criada en vistas ás festas de Halloween baseado na serie pero incluíndo unha minisaia e un amplo escote que afasta totalmente a indumentaria da serie televisiva. Este feito cabreou moito á opinión pública dado que as criadas, nesta serie, son vistas como meros obxectos que só valen para ter fillos e son violadas repetidamente. 

Deste xeito, 'El cuento de la criada' conta a historia destas mulleres esclavizadas que loitan pola súa liberdade e os dereitos das mulleres.

A súa mensaxe feminista é a clave do éxito da serie de HBO. Tras as numerosas críticas, a páxina web decidiu retirar o produto e pediu desculpas. 

Comentarios