¿Rexentas un negocio en familia? Isto podería interesarche

Combo TVG
photo_camera Se tes unha empresa familiar e queres gañar sustanciosos premios, aínda estás a tempo de participar en Negocio de familia.
Está a piques de entrar nos fornos da TVG un novo espacio para toda a familia no que, precisamente, serán as propias familias as protagonistas. ¿Todas? Aínda que todas poderán gozar do concurso, só aquelas que rexenten un negocio poderán competir polos premios que estarán en xogo.

Deste xeito, calquera familia galega que teña unha carpinteiría, unha panadería, unha cafetería, unha ferretería... poderá participar en Negocio de Familia. E é que, ademais, aínda está aberto o prazo para presentarse e formar parte desta nova aventura, que estará chea de diversión, competitividade e premios. Todo isto, capitaneado por Juan Fuentes.

 
Así que se queres demostrar que a túa empresa familiar é a mellor de Galicia, pincha aquí para coñecer máis sobre o espazo ou ponte en contacto co 629 485 311.

Comentarios