Un coruñés gana 2.000 euros ao mes durante 10 anos

O cupón da ONCE ten valía dun premio por valor de 240.000 euros segundo indica a organización

Un veciño da Coruña gañou un premio de 240.000 euros cun cupón da ONCE no sorteo do sábado. A recompensa consiste nun soldo de 2.000 euros ao mes durante 10 anos, segundo informou a citada organización de axuda a persoas con discapacidade.

O afortunado comprou tres billetes na rúa da Franxa ao vendedor Francisco Javier Veciño Castiñeira, de quen era amigo e cliente habitual.

O axente vendedor ha repartido nesta rúa coruñesa numerosos premios, entre os que destacan un de 350.000 euros, outro de 1.750.000 euros e este de 240.000 euros.

Comentarios