Xinecólogas galegas elaboran unha guía para resolver dúbidas de embarazadas ante o coronavirus

Participan na iniciativa profesionais dos complexos de Lugo e A Coruña e do hospital vigués Vithas Nuestra Señora de Fátima
Mujer embarazada. AEP
photo_camera Mujer embarazada. AEP

Un grupo de xinecólogas de hospitais galegos (dos complexos de Lugo e A Coruña, e do Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima, de Vigo) elaborou unha breve guía coas preguntas máis frecuentes que, sobre o coronavirus, trasladan as mulleres embarazadas, con respostas e información sobre os efectos da pandemia neste colectivo.

Segundo explicou a doutora Naira González, da unidade de reprodución humana asistida do Hospital Vithas de Vigo, esta breve guía xa foi difundida a través de redes sociais e facer chegar ás pacientes embarazadas.

Podes consultar a guía aquí

Con esta iniciativa, esta doutora e as súas colegas Herminia Gil e Melania Lamelas, pretenden facer fronte a rumores "e bulos" sobre a relación entre embarazo e Covid-19, á vez que achegan "algo de luz" a algunhas das dúbidas que expoñen estas pacientes.

A posibilidade de que o embarazo aumente o risco de contaxio ou a gravidade da enfermidade, a posible transmisión do virus ao feto, o tratamento no caso de que haxa infección por Covid e outras cuestións, son as dúbidas máis trasladas polas embarazadas, e que contan con resposta (e referencias bibliográficas) nesta guía.

As autoras do documento inciden, en todo caso, na importancia de acudir aos controis de embarazo, que están considerados servizos sanitarios esenciais, e precisaron que, no caso de que esas citas se modifiquen, iso non debe xerar "ansiedade" nas xestantes, posto que son medidas para minimizar o risco de exposición do virus.

Comentarios