A avaría dunha tubaxe en Ourense provoca cortes na subministración de auga a 61 vivendas

Un grupo de operarios desprázase á zona para reparar o problema

Unha avaría rexistrada nunha tubaxe na cidade de Ourense provocou cortes na subministración de auga a 61 vivendas da zona alta do barrio de Barrocanes.

Segundo informou a empresa Viaqua a través do Concello de Ourense, a avaría produciuse nunha tubaxe instalada na marxe dereita da estrada de Santa Mariña, en sentido saída de Ourense.

Ata a zona desprazáronse os operarios para reparar a avaría e procedeuse á sinalización e desvío do tráfico para evitar interferencias durante os traballos.

Mentres duren os labores, que se calculan ata as 14.00 horas, manterase cortado a subministración a 61 vivendas da rúa Santa Mariña e da Estrada da Granxa.

Comentarios