Cinco persoas resultan feridas nunha colisión na AP-9 á altura de Bergondo

As vítimas, dúas delas menores de idade, foron trasladadas a un centro sanitario

Unha colisión entre dous vehículos na saída da AP-9, en Bergondo, saldouse con cinco persoas feridas, dúas delas menores de idade.

Todos os feridos foron trasladados polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 10:15 horas deste luns, a través do aviso da Policía Local. Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse do ocorrido a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Betanzos. Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios