Cortan o servizo ferroviario en Oza por un cabalo nas vías

O incidente ocorreu sobre as dez da noite e afectou a dous convois

A circulación ferroviaria tivo que ser interrompida este martes de madrugada ao seu paso pola localidade coruñesa de Oza-Cesuras debido á presenza dun cabalo nas vías, informa Urxencias 112.

O incidente ocorreu sobre as dez da noite e afectou a dous convois, que puideron retomar a súa marcha unha vez solucionado o incidente.

Segundo a alerta dun particular, o animal estaba desbocado e corría polas vías do tren na zona de Porzomillos.

O 112 avisou a Adif, ao GES de Curtis e á Garda Civil.

Comentarios