Catro feridos nunha colisión múltiple en Ordes

O accidente produciuse na N-550

Unha colisión entre catro vehículos rexistrada en Ordes deixou outras tantas persoas feridas. Todas elas foron trasladadas á PAC da localidade coruñesa.

O accidente produciuse na N-550, á altura do quilómetro 33, en sentido A Coruña.

Unha persoa particular alertou do sinistro ao 112 Galicia ás 16.50 horas deste luns. Desde o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Ordes. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios