Denuncian o dono dun piso en Madrid por negarse a alugalo a unha parella gai

A páxina web na que se anunciaba o inmoble retirou a oferta tras recibir unha chamada da asociación Arcópoli

Una bandera de la diversidad. EEP
photo_camera Una bandera de la diversidad. EEP

Unha parella homosexual denunciou este mércores ao dono dun piso en Madrid por botarse atrás e non alugarllo ao decatarse de que eran gais, segundo informou a Efe a asociación Arcópoli contra a homofobia.

Segundo a denuncia presentada esta tarde nunha comisaría da Policía Municipal, a parella vira o anuncio de aluguer na web Idealista.com e contactou rapidamente co propietario do piso.

Cando xa tiñan todo apalabrado co dono, dixéronlle que eran parella, tras o cal este botouse atrás porque "había xente maior vivindo no edificio e non o ían a entender", segundo explica Arcópoli, que acompañou este mércores aos afectados a presentar a denunciar.

A asociación contactou con Idealista, que retirou xa a oferta de aluguer dese piso da páxina, engade un portavoz de Arcópoli.

"Agora mesmo non se atopa o anuncio. Estamos moi satisfeitos de como se portaron en Idealista", agrega a mesma fonte.

O portal inmobiliario sinalou ademais que o ocorrido con este piso "non é normal" xa que durante o ano pasado anunciaron 147.000 pisos "sen ningún incidente", conclúen desde Arcópoli.