miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Detido por agredir a un condutor nunha disputa de tráfico en Ourense

A Policía Nacional trata de identificar ao resto de persoas que participaron no ataque

Membros da Policía Nacional de Ourense detiveron a un home de 33 anos e tratan de identificar ao resto de participantes nunha disputa de tráfico, como supostos autores dun delito de lesións. 

Segundo informou a comisaría provincial, os feitos ocorreron o pasado día 14 de novembro, sobre as seis da tarde, cando un viandante alertou de que un home fora agredido e que "sangraba abundantemente" tras recibir varios golpes por parte de dous individuos por unha disputa de tráfico, na confluencia da rúa do Paseo co Parque de San Lázaro. 

A vítima foi trasladada ao hospital onde lle diagnosticaron "fractura de tabique nasal, erosións en rostro e boca e forte dor en perna dereita", sendo dado de alta ao día seguinte

Tras tomar declaración á vítima e varias testemuñas, os axentes determinaron que o condutor dun turismo descendeu do seu vehículo para solicitar ao dun monovolume que obstaculizaba o seu paso que retirase o vehículo para poder continuar. Segundo o relato da vítima e de varias testemuñas, nese momento, dous mozos apeáronse da parte traseira do monovolume, arroxáronlle "un garfo ao rostro" e propináronlle puñadas e patadas ata que dous viandantes interviñeron. 

Por mor das mazaduras, a vítima tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde lle diagnosticaron "fractura de tabique nasal, varias erosións en rostro e boca e forte dor en perna dereita", sendo dado de alta ao día seguinte. 

Así, fontes policiais sinalaron que o home de 33 anos foi detido neste martes. Aínda que a investigación "segue aberta" para lograr a identificación do resto de persoas que interviñeron na agresión. No automóbil viaxaban cinco persoas, os dous mozos que se apearon ademais do condutor, unha muller e outro individuo na parte traseira, os cales non interviñeron para deter a pelexa.

Detido por agredir a un condutor nunha disputa de tráfico en Ourense
comentarios