Detidos dous veciños de Carballo por causar danos nun caixeiro automático

Emprendérona a patadas e puñadas contra a cámara, pantalla e porta de acceso

Axentes da área de investigación da Garda Civil de Carballo detiveron a dous veciños dese municipio coruñés, de iniciais J.A.M.P. e S.R.R como presuntos autores dun delito de danos causados nun caixeiro. Segundo informou este martes o instituto armado, os autores dos feitos "emprenderon a patadas e puñadas contra a cámara, pantalla e porta de acceso dun caixeiro" da sucursal do banco BBVA situado na rúa Desiderio Varela de Carballo.

Os feitos sucederon o pasado 7 de maio sobre a 1.00 horas. Unha vez visionadas as cámaras de seguridade por parte da Garda Civil, foron identificados "plenamente" e detidos os presuntos autores.

Os dous individuos foron postos a disposición xudicial no xulgado de garda de Carballo, tras o que quedaron en liberdade con cargos, segundo indicaron as mesmas fontes.

Comentarios