Detida unha veciña da Bola por roubar máis de 13.000 euros ao ancián que coidaba

O home, ao que lle substraeu a tarxeta de crédito, ten 88 anos

Unha muller veciña da Bola, en Ourense, foi detida este xoves como presunta autora de roubo dun total de 13.140 euros a un ancián de 88 anos ao que coidaba.

Segundo informa a Garda Civil, a muller apropiouse da tarxeta de crédito do ancián, que se atopaba na súa mesa de noite, e sacou esta cantidade de diñeiro nun caixeiro ao longo de varias ocasións. Tamén realizou compras por Internet.

Así, a muller, J.T.C., que ten 36 anos, foi detida por un presunto delito de estafa, segundo detallan as mesmas fontes. A vítima deuse conta do ocorrido ao ir ao banco e ver que falta esa cantidade de diñeiro da súa conta.

Comentarios