sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Detido o presunto autor de varios roubos en despachos de docentes da USC

Trátase dun home de 46 anos que aproveitaba o descanso estiva para coarse nas instalacións

A Policía Local de Santiago de Compostela detivo a un home de 46 anos como presunto autor de varios roubos no interior de facultades da universidade compostelá.

Segundo indican mediante un comunicado, ao detido considéraselle o responsable de ata nove furtos cometidos nestes centros, principalmente durante o descanso estival, onde aproveitaba os descoidos das súas vítimas para subtraer pertenzas e obxectos persoais de valor.

O detido aproveitaba a ausencia de docentes e de persoal autorizado para coarse nos despachos dos profesores e apropiarse destes aveños, así como tamén acudía ás bibliotecas universitarias para roubar os obxectos desatendidos en escritorios e cadeiras.

Actualmente, o presunto autor destes feitos háxase baixo disposición xudicial. 

Detido o presunto autor de varios roubos en despachos de docentes...