Detido un home na Coruña por intentar roubar nun coche e provocar danos por un valor de 800€

Os axentes arrestaron a un individuo, grazas a unha testemuña, sobre o que xa constaba unha orde previa de busca e detención

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un home por un delito de roubo con forza nun vehículo en grao de tentativa, segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Galicia. 

O pasado 2 de decembro, a Sala do 091 recibiu unha chamada ao redor das 02:00 horas da madrugada, na que comunicaban que unha persoa estaba a intentar forzar os vehículos estacionados nunha céntrica rúa da cidade.

As patrullas acudiron ao lugar dos feitos e interrogaron á testemuña, que facilitou as característics físicas da persoa. Os axentes comprobaron entón, que un dos coches tiña o portelo roto.

Os axentes estableceron un dispositivo de procura, localizando a un vaón de 39 añs, coas mesmas características dadas pola testemuña. Entre as súas pertenzas, levaba un teléfono móbil e diversos efectos de procedencia descoñecida, polo que decidiron identificalo.

Finalmente, comprobouse que era o autor do intento de roubo no coche, no que provocou danos por valor de máis de 800 euros. Tamén se puido pescudar que o móbil que levaba no momento da súa identificación fora denunciado como subtraído. Así mesmo, constatouse que sobre o individuo pesaba unha orde de procura e detención ditada polos xulgados da cidade herculina.

Comentarios