Dúas persoas feridas tras envorcar en Arzúa o vehículo no que viaxaban

O turismo caeu sobre a cuneta na parroquia de Castañeda

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon este xoves a dúas persoas que resultaron feridas tras envorcar sobre a cuneta o turismo no que viaxaban. O accidente produciuse na estrada N-547, entre Melide e Arzúa, á altura da parroquia arzuá de Castañeda.

A situación na que quedou o coche, metido no foso, dificultou a saída dos ocupantes que, finalmente, necesitaron a axuda dos bombeiros de Arzúa. Os xestores do CAE 112 Galicia activaron o operativo grazas á chamada dun particular pouco antes das dez desta mañá.

Ademais dos bombeiros, acudiron ao lugar do accidente os técnicos sanitarios e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios