Dúas persoas feridas nunha colisión en Laxe

Produciuse un choque entre unha furgoneta e un turismo

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre unha furgoneta e un turismo no municipio coruñés de Laxe, informa a Axencia de Urxencias de Galicia.

O accidente rexistrouse ás 9.30 horas no lugar de Matío, na parroquia de Nande, cando a muller que viaxaba no turismo contactou co 112 e transmitiu que non podía mover as pernas nin saír do vehículo.

As dúas persoas feridas foron trasladadas a un centro hospitalario nunha actuación na que colaboraron Urxencias Médicas e os Bombeiros de Carballo, aínda que estes últimos non tiveron que excarcerar á muller, que abandonou o coche polos seus propios medios.

Comentarios