Dous feridos en senllos accidentes de tractor en Santiago e Zas

Ambos os casos aconteceron ao redor das 11:30 horas da mañá

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste martes en Zas e Santiago de Compostela por senllos accidentes de tractor.

Os servizos sanitarios foron alertados polo CAE112 Galicia ao redor das 11:30 da mañá do incidente que tivo lugar na parroquia do Allo, no municipio coruñés de Zas, á altura das obras na autovía.

Neste caso, a perna da muller que conducía o tractor quedou atrapada baixo o vehículo. No entanto, os bombeiros de Santa Corda que acudiron ao lugar non chegaron a intervir xa que a muller puido ser liberada polas testemuñas do suceso, que empregaron maquinaria de obra para desapresar á condutora.

A vítima foi finalmente evacuada nunha ambulancia polos servizos sanitarios a un centro hospitalario. Desde o CAE 112 Galicia tamén se solicitón a intervención de axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Zas.

No caso de Santiago, case  á mesma hora, un particular pedía axuda ao 112 Galicia pedía axuda para auxiliar a unha persoa que sufrira un accidente que se quedou atrapada na transmisión do tractor que conducía.

O home, atopábase facendo traballos co vehículo nunha leira particular, en Bando, en San Marcos.

Para este caso pediuse a intervención dos servizos sanitarios e dos bombeiros de Santiago, que unha vez no lugar confirmaron que non foi preciso empregar o material de excarceración.

O ferido foi evacuado polos servizos sanitarios ata o CHUS de Santiago.

Comentarios