En perfecto estado un bebé ao que caeu un anaco de cornixa en Cee

O neno de oito meses sufriu unha contusión facial debido ao desprendemento da zona superior dunha vivenda

O bebé ao que caeu o anaco dunha cornixa desprendida dun edificio na localidade coruñesa de Cee está en perfecto estado tras sufrir unha contusión facial, informan fontes municipais a Efe.

Este domingo pola mañá de xeito fortuíto desprendeuse unha parte da zona superior dunha vivenda ao baleiro e caeu sobre o carro dun bebé de oito meses ao que levaban os seus pais.

O anaco de cornixa impactou nunha barra de protección do transporte do pequeno, o que evitou un golpe maior, e provocou unha contusión facial, da que foi atendido no complexo hospitalario Virxe da Xunqueira.

Os médicos deron o alta ao pequeno horas despois co único dano da citada contusión.

Comentarios