Atopan unha anciá na Laracha con hipotermia tras pasar cinco horas desaparecida

A súa familia pediu axuda o persoal de 112 Galicia tras dúas horas sen ter noticias dela

Unha nonaxenaria á que se lle perdeu a pista durante un curto pero angustioso espazo de tempo foi localizada por un veciño a uns 400 metros do seu domicilio, na parroquia de Casaslongas, na Laracha, e esta presentaba hipotermia, informou o 112.


Tras unhas cinco horas perdida, de feito, a muller, ao ser atopada, padecía síntomas evidentes e foi trasladada ao centro de saúde da vila.

A súa familia pediu axuda ao persoal do CAE 112 Galicia pouco antes das once da noite pasada. Levaban dúas horas sen noticias dela.

A partir de aí, activouse un operativo no que, ademais das forzas da orde, participaron os membros de Protección Civil da Laracha.

Finalmente, cando xa o reloxo ía marcar as dúas da madrugada, a nonaxenaria foi atopada moi preto da súa casa por un veciño. 

Comentarios