Atopan a unha muller perdida en Boiro

Avisara previamente ao 112 de madrugada, enviando a súa localización a través do móbil

A Garda Civil atopou a unha muller que se perdeu nunha zona montañosa no termo municipal coruñés de Boiro. A señora contactara co 112 Galicia ás 5,00 horas da madrugada deste venres para enviar a súa localización a través do móbil.

Segundo informou Emerxencias Galicia 112, as coordenadas indicaban que a muller se atopaba nas proximidades do colexio público de Abanqueiro. Con estes datos, pasouse aviso á Garda Civil, cuxos axentes se achegaron ata o lugar e atoparon á señora.

Aínda que o estado de saúde da muller, aparentemente, non parecía revestir gravidade, foi necesaria unha ambulancia para a súa evacuación.

CICLISTA FERIDO. Por outra banda, ao fío das 19,30 horas do xoves, efectivos de Protección Civil informaron ao 112 Galicia dun ciclista ferido, tamén en Boiro.

Segundo o seu relato, a persoa sufriu unha caída coa bicicleta na que circulaba polo monte, á altura de Cures, na estrada que une Moimenta coa Base Militar do Iroite.

Desde o 112, nada máis recibir o aviso dos efectivos de urxencias de Boiro, informouse o suceso á Garda Civil e aos Bombeiros. Os técnicos sanitarios que xa tiñan constancia do ocorrido, evacuaron ao ciclista ata o Hospital do Barbanza.

Comentarios