Evacuada en helicóptero unha bañista que tivo que ser rescatada en Boiro

O servizo de socorristas da praia Ribeira Grande sacou á vítima da auga

Unha bañista tivo que ser trasladada ao hospital en helicóptero tras ser rescatada da auga na praia Ribeira Grande do municipio coruñés de Boiro, en Cabo de Cruz. Segundo informou o servizo de urxencias 112 Galicia, o suceso produciuse ao redor das 18.00 horas.

A muller foi sacada do mar polo servizo de socorrismo do areal. Acababan de trasladala á area cando chegou o helicóptero medicalizado, que se encargou da súa evacuación nunha intervención na que colaboraron a Policía Local e Protección Civil.

Comentarios