Evacuada a Santiago unha pasaxeira dun cruceiro con síntomas de infarto

O helicóptero Helimer 205 de Salvamento Marítimo encargouse do traslado

O helicóptero Helimer 205 de Salvamento Marítimo evacuou este xoves ata o Hospital Clínico de Santiago a unha pasaxeira do cruceiro Navigator of the Seas que sufría síntomas de infarto e insuficiencia respiratoria.

Segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo, o servizo médico do cruceiro foi o que deu a alerta á primeira hora da tarde, indicando que unha muller que se atopaba a bordo presentaba problemas respiratorios e síntomas que facían necesaria a súa evacuación por helicóptero.

A muller, de idade avanzada, foi evacuada entón polo Helimer 205, que a trasladou ata o hospital de Santiago acompañada da súa filla e dunha enfermeira.

Comentarios