Evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente de tractor en Laza

A vítima estaba a traballar cando se produciron os feitos

Unha persoa foi trasladada a un hospital despois de sufrir un accidente co seu tractor nunha zona de monte entre Souteliño e Soutelo, en Laza, en Ourense.

Segundo informa o 112, a vítima estaba a traballar cando se produciron os feitos e, tras o sinistro, quedou atrapada. Os bombeiros de Verín, cun equipo de excarceración, liberárono e acabou sendo evacuado no helicóptero medicalizado con base en Ourense.

O aviso foi recibido ás 14.30 horas a través do GES de Laza e foron uns membros deste corpo os que atoparon por casualidade ao accidentado. O 112 informou a Urxencias Médicas e aos bombeiros e os feitos tamén foron postos en coñecemento dos axentes da Garda Civil.

Comentarios