Evacuado un menor tras sufrir unha caída de bicicleta en Neda

O neno foi trasladado en ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

Un neno resultou ferido este mércores no concello de Neda ao caerse da bicicleta. O menor circulaba pola Avenida de Castelao cando se produciu o accidente. 

A vítima foi trasladada en ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Un particular deu o aviso ao 112 Galicia ás 16:45 horas solicitando asistencia sanitaria. A central de urxencias alertou a Urxencias Médicas, á Policía Local e á Garda Civil

Comentarios