Excarcerada unha muller en Ordes tras envorcar o seu coche

O seu vehículo saíuse da calzada cando circulaba pola localidade coruñesa

Unha muller foi excarcerada este venres en Ordes despois de sufrir un accidente de tráfico co seu coche, que envorcou cando circulaba sobre as 16.00 horas por unha estrada da parroquia de Mercurín.

Segundo informa o 112, informouse aos Bombeiros de Ordes, que se desprazaron ao momento cun equipo de excarceración.

Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

SANTIAGO. Por outra banda, en Santiago os dous ocupantes dun coche resultaron ilesos tras caer ao río Sarela co seu vehículo. O sinistro tivo lugar na Rúa do Bidueiro, na parroquia de Vidán sobre as 12.45 horas.

Comentarios