Excarceran a unha menor que quedou atrapada nun coche tras un sinistro en Tui

Tanto ela como outro dos ocupantes do vehículo foron trasladados en ambulancia a un centro médico

Accidente en Tui. TVG
photo_camera Accidente en Tui. TVG

Unha menor quedou atrapada no interior dun vehículo que envorcou en Tui despois de chocar contra outro turismo e tivo que ser excarcerada polos bombeiros, nun sinistro ocorrido na madrugada deste domingo. 

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 00.30 horas mediante a chamada de alerta dun particular que avisou dunha colisión entre dous turismos na A-55 en dirección sur, ao paso por Guillarei. 

Na chamada de aviso indicábase que un dos vehículos estaba envorcado e cabía a posibilidade de que houbese algunha persona atrapada no interior. 

Efectivamente, unha menor necesitou da intervención dos bombeiros de Baixo Miño para poder saír do vehículo e ser atendida polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias desprazados no lugar do accidente. 

Unha vez liberada, a menor foi evacuada nunha ambulancia, xunto con outra persona implicada no sinistro, que tamén necesitou asistencia médica. 

Comentarios