Morre no hospital un motorista que chocou cun coche no Carballiño

O accidente produciuse nas proximidades da estación de tren

Un motorista, que resultou ferido grave nun accidente de tráfico ocorrido na tarde deste luns nas proximidades da estación de tren do Carballiño, non puido reporse das súas lesións e faleceu pouco despois no complexo hospitalario de Ourense. A vítima, duns 30 anos, foi evacuada nun helicóptero medicalizado, pero os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvar a súa vida.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 16.30 horas. Foi entón cando un particular, un dos implicados no accidente, avisou de que había un motorista tendido na vía tras ser atropelado por un turismo. 

O condutor do coche co que chocou deu negativo na proba de alcoholemia.

Comentarios