Falece un veciño de Rinlo nun accidente de tractor cando araba unha horta

O home quedou parcialmente baixo o vehículo nunha leira urbana desta parroquia de Ribadeo

Un veciño de Rinlo de 75 anos de idade faleceu esta tarde cando perdeu o control do tractor, tipo Pascual, co que efectuaba labores agrícolas nunha leira urbana da localidade.

Os feitos ocorreron pasados uns minutos das sete desta tarde cando araba. O 112 recibiu o aviso cara ás sete e dez de que o condutor se atopaba atrapado baixo o vehículo.

O centro de urxencias mobilizou aos servizos sanitarios, Protección Civil e Policía Local de Ribadeo, os bombeiros do parque comarcal de Barreiros e á Garda Civil, que asumiu a investigación deste novo accidente cun tractor.