Un home xubilado faleceu tras caer ao mar cando realizada labores de mantemento nun barco no peirao do municipio coruñés de Ribeira.
Fontes próxima ao caso apuntaron que se baralla a posibilidade de que puidese sufrir un infarto ou de escorregar antes de precipitarse á auga, de onde foi rescatado por uns veciños.
O 112 indicou que foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como unha ambulancia, Policía Local, Protección Civil, Policía Nacional e a Autoridade Portuaria.
Aínda que lle practicaron manobras de reanimación no lugar ao home, confirmouse o seu falecemento uns minutos antes das 14,00 horas.