Unha familia de Vilalba resulta intoxicada polos gases procedentes dunha granxa próxima á súa casa

O pai tivo que ser trasladado ao Hula e a nai e o fillo do matrimonio foron atendidos na PAC da localidade
 

Vivienda de la familia que resultó intoxicada en Vilapedre. MARTA MANCEBO (Vilalba)
photo_camera Vivenda da familia que resultou intoxicada en Vilapedre. MARTA MANCEBO

Tres membros dunha familia foron evacuados este luns pola mañá polos servizos sanitarios de urxencia con síntomas de intoxicación.

O suceso tivo lugar no domicilio familiar, no lugar de Carballal, na parroquia de Vilapedre do concello lucense de Vilalba.

Todo parece indicar que unha elevada concentración de gases nun cortello próximo á vivenda, onde depositaban lodos, foi a causa da intoxicación. Ademais, segundo se lle informou ao 112 Galicia, no lugar, tamén permanecían tirados polo chan diversos animais.

Tras recibir o aviso, ao fío das 12.00 horas do mediodía, o 112 Galicia informou da situación aos Bombeiros de Vilalba, Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, o pai foi o único que tivo ser trasladado ao Hula e tanto a nai como o fillo do matrimonio foron atendidos na PAC de Vilalba.