Ferida de gravidade unha muller atropelada en Laxe

O accidente ocorreu este luns sobre as nove da noite na rúa Agra de Abaixo

Unha muller sufriu feridas de gravidade ao ser atropelada na localidade coruñesa de Laxe, informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu este luns sobre as nove da noite na rúa Agra de Abaixo, á altura do Hostal Bahía.

O 112 avisou de inmediato a 061-Urxencias Sanitarias, así como aos axentes de Tráfico e aos efectivos do GES de Ponteceso e de Protección Civil da localidade.

Comentarios