Ferida tras envorcar co seu coche en Dumbría

O accidente rexistrouse ao redor das 9.00 horas na AC-552, que une A Coruña con Cee

Unha muller resultou ferida tras envorcar co seu coche no municipio coruñés de Dumbría, informa o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña.

Os bombeiros de Cee atenderon entre as 9.05 e as 9.30 horas deste xoves á ocupante dun turismo que envorcou na AC-552, que une A Coruña con Cee, á altura do quilómetro 81.

Na intervención constataron que a vítima tiña unha importante dor cervical, polo que lle puxeron un collarín e trasladárona en ambulancia a un centro hospitalario.

O vehículo estaba case totalmente envorcado coas portas ao lado dereito bloqueadas na cuneta, o que tamén certificaron os axentes da Garda Civil, a Policía Local de Dumbría e o servizo de conservación de estradas.

Comentarios