Ferida unha persoa tras saírse da vía co seu vehículo e precipitarse a un río en Santiago

O accidente ocorreu na estrada que vai ao aeroporto da capital galega

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na noite do luns ao saírse da vía o seu vehículo e precipitarse a un río en Santiago de Compostela.

Segundo informou o 112, o vehículo no que circulaba saíuse da vía e acabou nun río na estrada que vai ao aeroporto da capital galega, á altura de Lavacolla, na parroquia de Sabugueira.

Foi un particular o que alertou do ocorrido ao 112 Galicia ás 21,30 horas do luns. Por parte do servizo de urxencias informouse a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Santiago, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Ao lugar, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao Hospital A Rosaleda ao ferido, o home J.F.R.M., duns 47 anos, cuxo estado non revestía gravidade, segundo engadiu o 112.

Comentarios