miércoles. 02.12.2020 |
El tiempo
miércoles. 02.12.2020
El tiempo

Ferido grave un home ao cortarse cunha motoserra en Lalín

Imaxe de arquivo do helicóptero do 112
Imaxe de arquivo do helicóptero do 112
A vítima tivo que ser trasladada de urxencia nun helicóptero medicalizado

Un home resultou ferido de consideración este domingo logo de cortarse cunha motoserra no municipio pontevedrés de Lalín preto das 11,45 horas na parroquia de Méixome.

Segundo explicou o 112 Galicia, o home cortouse nunha perna con esta ferramenta e debido á gravidade das feridas un helicóptero medicalizado trasladouse ata a zona na que sucedeu o incidente para asistilo.

Foi un familiar do home ferido o que puxo os feitos en coñecemento do 112 Galicia, que debido á descrición do ocorrido informou os servizos sanitarios, ao GES de Lalín, á Policía Local, a Protección Civil, á Garda Civil e ao servizo de asistencia médica aérea do 061.

O helicóptero desprazado por Uxencias Sanitarias de Galicia-061 aterrou nunha zona próxima ao lugar dos feitos e desde aí trasladárono ao centro hospitalario de referencia.

Ferido grave un home ao cortarse cunha motoserra en Lalín