Resulta ferido tras unha colisión entre dous turismos en Portosín

Como consecuencia do impacto, rexistrado ás 20.00 horas deste martes, un poste eléctrico caeu sobre un dos vehículos implicados

Dous turismos chocaron frontalmente na AC-550, na travesía de Portosín, e, a parte dos numerosos danos que se produciron a consecuencia do impacto, unha persoa necesitou asistencia sanitaria, informou a central que se ocupa de coordinar a atención ás urxencias en Galicia.

Un poste eléctrico caeu sobre un dos vehículos implicados e nun primeiro momento os veciños alertaron ao 112 de que había persoas atrapadas, así que ata o lugar do suceso desprazáronse os bombeiros de Boiro, que confirmaron que todos os ocupantes dos turismos estaban liberados.

O estrondo sorprendeu a condutores e veciños que, ás oito da tarde deste martes, deron a voz de alarma, e mobilizáronse técnicos de Urxencias Médicas, axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil.

Tamén foi avisado o persoal da Axencia Galega de Infraestruturas (Axi), que se ocupou da limpeza dos restos provocados polo choque.

Comentarios