Ferida unha persoa nun accidente de tráfico en Cee

O vehículo no que viaxaba a vítima saíuse da estrada

Unha persoa resultou ferida a última hora deste venres nun accidente de tráfico rexistrado no Porto de Brens, na localidade coruñesa de Cee.

Segundo a información dos Bombeiros da Costa da Morte, o accidente ocorreu pouco despois das 22.30 horas, cando o vehículo no que viaxaba a vítima se saíu da estrada, chocou contra o valo que limita o porto e foi parar contra unha caseta.

Ata a zona desprazáronse, ademais, efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Policía Portuaria.

Os Bombeiros sacaron ao ferido do vehículo e trasladárono ata a ambulancia do 061, que o levou a un centro sanitario.

Comentarios