Ferido de consideración tras caerse do tractor que conducía en Cartelle

O suceso ocorreu ao mediodía na localidade ourensá de Ulfe

Un home resultou ferido ao caerse do tractor que estaba a conducir. O accidente tivo lugar en Ulfe, nun domicilio particular situado nas Marabillas, no concello ourensán de Cartelle. 

A escasos minutos das 14.30 deste mediodía, o fillo do ferido chamou ao CAE 112 Galicia pedindo axuda e indicou que o seu pai se había caída do tractor. Co accidente, unha roda soltouse do vehículo e pasoulle por encima dunha perna ao home deixándoo ferido de consideración. 

De inmediato, o 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil e a Protección Civil. Debido á gravidade das lesións ocasionadas, os servizos sanitarios optaorn por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Unha vez evacuada, a persoa foi trasladade na aeronave ao centro hospitalario de referencia. 

Comentarios