Ferido tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola en Negreira

O home foi trasladado ata o hospital en helicóptero

Un home resultou ferido de diversa consideración tras sufrir un accidente cunha empacadora, informou o 112. O accidente rexistrouse ás 13 horas deste mércores no lugar de Landeira, en Negreira.

Os servizos de urxencias descartaron que se tratase dun accidente laboral. O ferido estaba a traballar nunha leira da súa propiedade cando o pillou a máquina de apilar herba.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Médicas pediron a intervención do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Tamén, desde o 112 Galicia, informouse os membros do GES de Brión, aos voluntarios de Protección Civil de Negreira e aos axentes da Policía Local e Garda Civil. 

Comentarios