Ferido un operario que realizaba tarefas de roza

Un compañeiro alertou ao 112 Galicia de que o home se fixera un profundo corte no pé mentres traballaba no concello de Rubiá en Ourense

O operario foi trasladado esta tarde ao hospital comarcal tras resultar ferido de consideración cando realizaba tarefas de roza no concello ourensán de Rubiá, en Biobra. O home fíxose un profundo corte no pé mentres traballaba.

Un compañeiro solicitou axuda ao 112 Galicia que recibiu o aviso ás 13:00h deste martes. Seguidamente avisouse a Urxencias Médicas que mobilizou un dos helicópteros medicalizados con base en Ourense debido ao díficil acceso da zona. Os membros do GES de Valdeorras, que foron alertados polo CAE 112 Galicia, trasladaron ao ferido ata a ambulacia na que foi evacuado. As forzas da orde tamén foron informadas do accidente.

Comentarios