Liberada unha persoa tras envorcar o vehículo no que viaxaba en Carnota

O accidente tivo lugar na AC-550, ao seu paso polo lugar do Pindo

Unha persoa resultou ferida na noite deste sábado ao envorcar o vehículo no que viaxaba en Carnota. A vítima tivo que ser liberada tras quedar atrapada no interior do coche, segundo informa o 112. Foi trasladada polo 061 ao centro hospitalario de referencia.

O accidente tivo lugar na AC-550, ao seu paso polo lugar do Pindo. O 112 Galicia recibiu a alerta do sinistro por parte dun particular ás 01.00 horas. O 112 avisou ao 061, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada. Informou, tamén, aos efectivos do GES de Muros e aos Bombeiros de Cee, que se achegaron con equipos de excarceración. Tras liberar á vítima, retiraron o vehículo, que invadía os dous carrís da calzada. Despois, levaron a cabo unha limpeza na vía.

Comentarios