Liberan a unha persoa tras unha colisión en Cambre

O accidente produciuse na Rúa 9 do Polígono Industrial do Espírito Santo

Un choque frontal entre dous vehículos deixa unha persoa ferida en Cambre que tivo que ser excarcerada. 

O sinistro tivo lugar na Rúa 9 do Polígono Industrial do Espírito Santo. Unha persoa particular solicitaba axuda ao 112 Galicia ás 14.45 horas deste mércores. Desde a central de urxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Arteixo e a Protección Civil. Tamén se alertou á Garda Civil de Tráfico. 

Os efectivos de Protección Civil encargáronse de liberar á vítima rompendo unha das portas do coche. Foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.

Comentarios