Os Bombeiros de Ferrol extinguen un incendio que calcinou parte dunha fábrica de penso

Unha traballadora que se atopaba no recinto tivo que ser trasladada a un hospital por unha crise de ansiedade

Os Bombeiros de Ferrol extinguiron este mércores pola tarde un incendio que se declarou nunha fábrica de penso no concello coruñés de Valdoviño, na parroquia de Meirás.

O lume calcinou diversa maquinaria e afectou a un dos silos da nave, onde almacenaban penso. 

Ademais, unha das traballadoras que se atopaba no recinto no momento do incendio tivo que ser trasladada por Urxencias Médicas a un centro hospitalario debido a unha crise de ansiedade.

O CAE 112 recibiu a chamada dun particular ás 13.30 horas deste mércores e, de inmediato, púxoo en coñecemento dos efectivos do parque de extinción ferrolán, membros do GES de Mugardos, Protección Civil de Valdoviño e Garda Civil. Tamén, desde 112 Galicia, informouse o persoal da Consellería de Medio Ambiente. 

Comentarios