Rescatado un home que caeu nunha zona rochosa na cidade da Coruña

Foi subido en padiola ata o paseo e, unha vez estabilizado, trasladado en ambulancia

Os Bombeiros da Coruña rescataron este venres a un home que caeu nunha zona rochosa no paseo marítimo da cidade, á altura do cemiterio de San Amaro. A dotación estabilizou e subiu nunha padiola ao home ata o paseo, onde esperaba unha ambulancia para trasladalo.

Nun primeiro momento, Salvamento Marítimo desviou ata o punto unha embarcación con mergulladores. Un deles atendeu ao home.

O 112 Galicia recibía a alerta do ocorrido ás 18.20 horas a través dun particular. Indicaba no seu relato que escoitaba a unha persoa pedindo auxilio no paseo marítimo dos Pelamios.

Nese momento, o persoal do Centro de Atención ás Urxencias 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros, á Policía Local, a Urxencias Médicas, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo.

Comentarios