Rescatan a tres bañistas na praia de Riazor cando ondeaba a bandeira vermella 

Desde o inicio da tempada de verán, os servizos de socorrismo da Coruña atenderon máis de 260 incidencias

Equipos de Salvamento, en Orzán. CABALAR (EFE)
photo_camera Equipos de Salvamento, en Orzán. CABALAR (EFE)

Os servizos de socorrismo do Concello da Coruña rescataron na tarde deste mércores a tres bañistas na praia de Riazor cando ondeaba a bandeira vermella, segundo informa o Consistorio na súa conta de Twitter. 

O goberno local pide tamén á cidadanía que respecte a advertencia de bandeira vermella e que teña "precaución" ante as condicións do mar. 

MÁS DE 260 INCIDENCIAS. Fanno no día en que o Concello da Coruña informou que desde que se inicio a tempada de verán, o pasado 15 de xuño, os servizos de socorrismo atenderon 268 incidencias. 

As máis graves foron dous rescates nas praias de Orzán e Matadoiro nas que ondeaba a bandeira vermella. Por iso, desde o concello pediuse que se respecten as prohibicións de baño. 

Comentarios